Tag Archives: teatro

Teatro no Galpón.

Unha nova aventura teatral estase a cocer no seo da A.VV. A Ostreira. O grupo teatral Imolandando composto por xente pertencente a A.VV. A Ostreira preséntanos a súa primeira representación teatral.
A lenda de Xoán Bonome,un vello conto de orixe europeo incorporado ao teatro galego por Agustín Magán. O argumento pódese resumir en que Ermesinda reprocha ao seu irmán Xoán Bonome, de ser moi xeneroso cos pobres (Perfectus, Meco e Xelasio); pero a súa sorte vai cambiar despois da visita de Xesús de Nazaret quen lle concede a Xoán cinco desexos.
San Pedro pensa que os desexos de Xoán son tolerías, sobre todo o quinto. ¿Por que pedirá Xoán este último desexo? Saberémolo ao remate da obra.

As entradas da primeira función do 7 de xuño xa están esgotadas. Pero inda estades a  tempo de mercalas para a segunda, o día 14 de Xuño as 22:00 horas no Galpón.

A.VV. A Ostreira , , ,

Teatro en Sorribos.

Por fin outra noite de teatro en Sorribos. Non faltedes, que o ides a pasar moi ben. O grupo de teatro “O Xeito”, entre os que se atopa o famoso actor Antonio de París, representará a obra  ” A Farsa das zocas” de Ricardo Carballo Calero o vindeiro sábado 18 a eso das dez da noite . Esta obra  vai mostrar ao espectador uns personaxes galegos universais, o crego, o médico, o notario…é un enredo sobre unha herdanza que esperamos que traia un sorriso a todos e todas no público.

A.C. Ponte Vella

Teatro en Sorribos. “Noite de Lobos” de Agrelo.

O vindeiro sábado 13 de Xuño o grupo de teatro “O Xeito” representará no local social de Sorribos a obra Noite de lobos, orixinal de Xosé Agrelo Hermo. Este acto estará organizado pola nosa Asociación e colaboran tanto o Excelentísimo Concello de Muros como a asociación Cultural “O Xeito” de Esteiro. A representación dará comezo ás 22:30 horas e durará aproximadamente unha hora. O prezo das entradas será de 2 € para os socios e 3 € para os non socios.

A.C. Ponte Vella