Tag Archives: cultura

Abelleira Mariñeira 2012.

Dende que a buceta bicou as augas da nosa ría seguimos coa tradicional festa mariñeira. Este ano temos máis gañas que nunca de facer unha grande Festa Mariñeira, aínda que so sexa por que o ano anterior a climatoloxía non nos deixou. Todolos anos introducimos cambios co afan de mellorar. Partimos dunha base moi sólida, unha paraxe fermosa, embarcacións doutra época surcando a nosa costa e a xente de Abelleira creando o mellor ambiente posible.  Esta festa nas tres edicións anteriores deixounos recordos, que perduraran moito tempo.  Nesta ocasión non vai ser menos. Busca un motivo para non faltar, por exemplo: embarcacións tradicionais, gastronomía, música tradicional ou pasar un longo día coa familia e veciños en Ventín. Non vos esquenzades de vir vestidos cos traxes tradicionais e de reservar canto antes no teléfono 659.986.753.

Cartel oficial.

A.VV. A Ostreira , , , , ,