Concurso de Carteis de Nadal.

Por segundo ano ,o Concello de Muros e o Servizo de Normalización Lingüística en colaboración ca A.C.R. Ponte Vella veñen de organizar un Concurso de Carteis de Nadal para nenos e nenas de primaria e infantil. O vindeiro día 19 de Decembro faráse entrega dos premios no Local Social de Sorribos.

Concurso Carteis de Nadal 2008.

O pasado día 13 de Decembro no local social de Sorribos, fíxose entrega de agasallos ao gañador do Concurso de Carteis de Nadal para nenos de primaria que organizou conxuntamente a A.C.R. Ponte vella, o Concello de Muros e o Servizo de Normalización Lingüística. O neno gañador foi Fabio Vázquez Lago do CEIP de Louro [...]