Tag Archives: abelleira mariñeira 2013

En Agosto Abelleira Mariñeira 2013.

A oferta festiva na nosa parroquia consta básicamente de dúas festas, por un lado “as parroquiais”, celebradas en xullo con moito éxito, e  por outro lado a denominada  “Abelleira Mariñeira” que xa cumpre cinco anos neste mes de agosto.
O vindeiro sábado 10 de agosto celebraremos a nosa particular festa da cultura marítima-gastronómicafesteira na Carballeira de Ventín.

Como ven sendo habitual teremos…
•    Embarcacións tradicionais
•    Actividades lúdicas
•    Música todo o día
•    Xantar mariñeiro

Unha vez máis introducimos cambios co fin de facer unha mellor festa. Por eso:
•    Suprimimos a cea, para concentrar a máis a xente
•    Reducimos nun terzo o prezo do menú de 30 a 20€
•    Trocamos o menú, nesta ocasión, ofrecemos o prato máis típico das romarías galegas: polbo á feira e carne ó caldeiro
•    Buscamos a fórmula para que a xente aporte cousas para facer unha gran festa.
Haberá navegacións, nas que podes participar, pola maña e pola tarde.
Os prezos do xantar son:
•    Ata 10 anos, 2€
•    Ata 18 anos, 10€
•    Adultos,  20€
Por razóns de organización, e da elaboración da comida, é preciso que te anotes antes do 3 de agosto. Haberá que abonar o 50% do prezo do menú.
Fóra dese prazo, apuntarse terá un recargo. Hai moitas festas, pero que che permitan pasar todo o día cos teus veciños, con barcos, natureza, música, e un xantar estupendo, hai poucas. Non perdas a ocasión.

A.VV. A Ostreira