IV Entroido 2012 no Galpón.Abelleira.

 Un ano máis, e con este xa van catro, a tradicional festa de Entroido xa se está fraguando na parroquia. Este ano propoñemos unha maior calidade na comida (marisco, lacón, filloas, orellas…) ,un trío musical (SOMOS III) que versionea cancións de pop e rock dos 80 e 90, e triplicaremos os premios aos mellor disfrazados. E todo isto sen subir os prezos!! Os menores de 18 anos só terán que abonar 15 euriños. Animádemos e ide facendo xa ese disfraz que nos impresionará a todos e lévate o premio ao MELLOR DISFRAZ. Non te esquenzas de facer a reserva da cea no número de teléfono 659.986.753 .

A.VV. A Ostreira

Felicitación de Nadal.

Xeral

Abelleira Mariñeira 2011.

O vindeiro sábado 6 de agosto, como ven sendo habitual dende o 2009 cando organizamos a festa da botadura da buceta, temos unha cita coa Cultura Marítima na Festa Abelleira Mariñeira 2011. Nesta ocasión contaremos coa participación de varios galeóns, do Joaquín Vieta de Noia, a canoa muradana,  e como non do noso galeón que está en fase de construcción, tamén estará a nosa buceta e algunhas embarcacións tradicionais máis aínda por confirmar a estas alturas. O programa da festa comezará sobre as 12 da mañá coa chegada das primeiras embarcacións. Sobre as doce e media farase unha navegación libre pola ría.

As dúas e media da tarde comezaremos co xantar que constará de: aperitivos, vieira á crema, ensalada de froitas, bacallau ás finas herbas, postre café e chupitos. Pola tarde, a eso das cinco,  levaremos a xente que se apunte, a dar un paseo pola ría nunha embarcación tradicional. As oito da tarde faráse un acto de presentación de libros, chamado “Faladoiro sobre os libros” onde se darán a coñecer as seguintes obras: “Tamén navegar”, presentado por Francisco X. F. Naval, “Capitán Wood”, presentado por Lino J. Pazos e “Derrota e singraduras do Joaquín Vieta”. Presentado por Lino J. Pazos.

A cea comezará sobre as dez e media co seguinte menú: langostinos, ensalada, churrasco, postre, café e chupitos. O prezo da comida será de 25 euros e o da cea de 17 euros, tamén se servirá un menú infantil de 10 euros.

Camiseta oficial

Para os máis pequenos teremos tamén animadores. Para rematar a festa amenizarán ós asistentes o grupo “Los Strikkers” con versións de outras décadas e ata música actual. Non vos olvidedes de vir vestidos coa roupa tradicional. Non deixedes para última hora a reserva das comidas, tedes como límite o 31 de xullo. Para facer a reserva chamade ó 659.986.753 ou comunicarllo a calquera da directiva.

O evento no facebook.

A.VV. A Ostreira

Sardiñada de San Xoán en Sorribos.

O vindeiro venres día 24, San Xoán, a eso das dez da noite, tódolos que queiran comer unhas sardiñas molladas en pan de balde, só teñen que presentarse  por Sorribos, coma sempre. Teremos tamén música para tomarlle uns tóspiros cas sardiñas. Non faltes porque xa sabes ” no San Xoán xa a sardiña molla o pan”.

A.C. Ponte Vella

Teatro en Sorribos.

Por fin outra noite de teatro en Sorribos. Non faltedes, que o ides a pasar moi ben. O grupo de teatro “O Xeito”, entre os que se atopa o famoso actor Antonio de París, representará a obra  ” A Farsa das zocas” de Ricardo Carballo Calero o vindeiro sábado 18 a eso das dez da noite . Esta obra  vai mostrar ao espectador uns personaxes galegos universais, o crego, o médico, o notario…é un enredo sobre unha herdanza que esperamos que traia un sorriso a todos e todas no público.

A.C. Ponte Vella

Ruta de sendeirismo á “Pedra do Cadro”.

Sábado 28 de Maio de 2011.

Desde a ACR Ponte Vella queremos comezar a potenciar as rutas e carreiros a pé da nosa parroquia, do concello e dos arredores.

SAÍDA: ás 10.30 desde o Alto do Caño (Bar Hórreo)
RUTA: comezaremos a ruta desde o Alto do Caño, seguiremos polo Vilar e polas pistas do monte ata chegar á Pedra do Cadro. Durante o camiño trataremos de que algunha persoa que coñeza ben o lugar nos vaia explicando e guiando polos diferentes lugares (Pedra do Cadro, Laxa Borrateira…)
Unha vez alí realizaremos un descanso para comer, organizar algún xogo e inspeccionar a zona. Posteriormente baixaremos pola mesma ruta.

RECOMENDACIÓNS:
- Apuntarse en Sorribos, na de Carleiras ou no bar Hórreo. Non é obrigatorio
pero sería recomendable para unha mellor organización.
- Levar calzado e roupa cómoda.
- Cada quen debe levar a súa propia comida e bebida.
- Se queredes levar un bo recordo leva a cámara de fotos.

OBSERVACIÓNS:
- Os nenos pequenos deben ir acompañados dun maior responsable.
- Intentaremos levar o coche da asociación de veciños por se acode algún neno pequeno ou persoa maior que non poida facer a pé todo o camiño.
- No caso de que haxa mal tempo a ruta aprazaríase para o sábado 4 de Xuño.
- Se alguén ten algunha dúbida pode chamar ós teléfonos: 648232732 – 665360704.

A.C. Ponte Vella ,

Convocado II Concurso de Fotografía “Ría de Muros e Noia”


Queda convocado o II Concurso de Fotografía Dixital pola A.C.R. Ponte Vella. Entrarán en concurso as fotografías recibidas dende o 1 de Abril de 2011 ata o 15 de Xuño de 2011, ambos inclusive. O concurso referirase a fotografías sobre a Ría de Muros e Noia, con temática libre, pero cun contido propio relacionado coa comarca da ría. Dende aspectos mariñeiros, paisaxísticos, etnográficos, de natureza, históricos, tradicionais, culturais. O gañador recibirá un premio consistente en 200 € en material fotográfico a adquirir en Foto Domi en Muros. Para consultar as bases da convocatoria pincha aquí.

A.C. Ponte Vella

Festa de Entroido Infantil en Sorribos.

O vindeiro sábado 5 de marzo celebraremos as cinco da tarde a festa de entroido cos nenos e cos que xa non son tan nenos, tamén. Pedímosvos que traiades filloas ou orellas para acompañar o chocolate que tomaremos ó remate dos xogos.
Organiza a ACR Ponte Vella e o Concello de Muros.

O evento no facebook.

A.C. Ponte Vella

Cea-baile de Antroido no galpón.

O vindeiro día 5 de Marzo organizaremos a tradicional Cea-Baile de Entroido no Galpón de Joaquín, en Sorribos. A cea está programada para as dez da noite. Teremos premio ao mellor disfraz de adulto e de neno/a. Coma sempre, despois de cear poderemos disfrutar de música en directo co grupo “Armonía”. Animádevos e vinde todos disfrazados, frío non ides pasar, xa que teremos calefacción. Non vos olvidedes de reservar a cea falando con calquera da Directiva.

O evento no Facebook.

A.VV. A Ostreira

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Muros.

O pasado mes de decembro de 2010 enterámonos da decisión da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Muros.  O documento de planeamento acadase despois de que o concello corrixira unha serie de erros, a instancia das indicacións referencias dende a Secretaría Xeral de Ordenación Territorial e Urbanismo.

De acordo coa memoria, o concello de Muros acadaba no ano 2004 os 10.347 habitantes, cunha proxección demográfica regresiva; e existían 5.152 vivendas en 2001 (incluíndo 1.571 desocupadas e 415 secundarias) producíndose un crecemento promedio nos últimos 10 anos de 48 vivendas/ano.

A capacidade máxima proxectada polo plan en solo urbano é de 1.247 novas vivendas (820 en solo urbano consolidado e 427 en solo urbano non consolidado) e no solo de núcleo rural de 270 novas vivendas. O PXOM proxecta recuperar para o uso residencial de 170 vivendas no programa de rehabilitación do PEPRI da Vila de Muros. Cómpre recordar que na propia memoria do plan se afirma que esta capacidade é suficiente para acoller con folgura un desenvolvemento inmobiliario, polo que se solicitaba a xustificación axeitada á clasificación de solo urbanizable.

O concello de Muros carece de planeamento urbanístico municipal. Esta aprobación ao Plan Xeral de Ordenación Municipal tamén será trasladado ao Concello de Muros a través dunha orde da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

Se queredes ver como quedan os planos do novo PXOM, pinchade aquí. (tarda un pouquiño son 74 Megas, recomendovos que pinchedes encima do link co botón dereito e escoller “guardar enlace como” para descargalo).

Información quitada da web da Xunta de Galicia.

Xeral