Publicación da Recopilación de Relatos Curtos A Orola.
O sábado 17 de outubro, fÃxose entrega do premio á gañadora do III Concurso de Relato Curto A Orola, RocÃo Leira Castro, natural de Cee. O xurado deste ano decideuse polo relato “O alpendre dos meus soños” no que a autora nos conta as vivencias dunha muller afastada do seu marido na emigración. No mesmo acto fÃxose tamén a presentación da primeira publicación feita pola A.C.R. Ponte Vella, unha recopilación de tódolos relatos que participaron ata o de agora neste certame. Para rematar o acto, o poeta muradán, Samuel Lema recitounos un pequeno repertorio da súa obra, moi relacionado co costumismo da nosa zona. Os interesados en mercalo libro poden facelo no Bar O Horreo, na Casa Carleiras, falando con calquera de directiva da A.C.R. Ponte Vella ou enviando un mail a Antonio Priegue (parispl@hotmail.com). Se vives fóra podémoscho enviar contrareembolso pagando os gastos de envio. O prezo do libro son 10 euros.
¡COLABORA E MERCA O LIBRO!
Repercusión na Voz de Galicia. 1 e 2.
Manual da destrución. Samuel Lema.
Arquivado en: A.C. Ponte Vella | Sen comentarios »









O próximo dÃa 4 de Xullo, Sábado da Festa do Carme, teremos outra celebración ao longo do dÃa no peirao de Sorribos. A Botadura da Buceta vai a marcar un antes e un despois para a parroquia de Abelleira. Agardamos a presenza dunhas quinientas persoas aproximadamente, incluindo as autoridades e a tripulación das embarcacións de fóra. A Buceta sairá do local de fabricación sobre as 12 da mañán, acompañada por unha comitiva de xente e un grupo de música tradicional galega. Sobre as 12:30 chegará ao peirao de Sorribos, onde xa estará aberta a cantina e procederáse a recollida de tickets para o xantar. Sobre a 1 da tarde inauguraremos unha exposición fotográfica e proxectaráse un dvd cos traballos desenrolados pola A.VV. A Ostreira. O redor das 2 da tarde empezaremos co reparto do xantar, que constará en: Salpicón, pementos da Devesa



