Un pouco de historia.
A idea de formar unha asociación de veciños na parroquia ocurreuselles a Alfredo, ó Ferreiro e a Pepe Maio ala polo ano 1992. Os cales foron os primeiros presidente, tesoureiro e secretario respectivamente. Nese mesmo ano houbo unha primeira asamblea popular provisional onde se redactaron o que hoxe son os estatutos desta asociación. Despois de ser aprobados nesta mesma asamblea, enviáronse ó Goberno Civil da Coruña para a súa legalización nese mesmo ano. O nome de “Ostreira” é un dilema xa que esta famosa pedra da redonda non pertenece nin a parroquiia, pero despois de darlle moitas voltas ó tema de qué nome se lle iba poñer, e despois de saber que en Esteiro había unha asociación que se chamaba “As Borneiras” que era un pequeno islote, decideuse poñerlle “A Ostreira” porque así tamén se solucionaba a sempiterna rivalidade Abelleira – Bornalle,xa que a dita pedra non se atopaba en ningún destes lugares. Non sei se o sabedes pero esta Asociación é tamen membro da Plataforma Nunca Máis.
¿Como facerse socio ou socia?
¿Queres colaborar co teu traballo desinteresado para a parroquia?,¿Queres ter voz e voto nas decisións que se tomen pola Asociación?,¿Pensas que podes aportar algo a Parroquia?,
FAITE SOCIO/A XA!, NON O PENSES MÁIS…É moi sinxelo, só tes que ingresar 10 Euros correspondentes ó ano que te des de alta no Banco Pastor de Esteiro, o número de conta é o seguinte: 0072.0179.65.0000100361
-Non se esquenza logo de darnos os seguintes datos que necesitamos:
-Nome e apelidos, DNI, número de casa e teléfono.
-Pode enviarnos os datos por correo o por e-mail:
-Por correo: José Antonio Rama Tajes. Abelleira. Muros. A Coruña.
-Por e-mail: ferreiro@abelleira.info
