A.C. Ponte Vella

O nacemento dunha nova Asociación Cultural nesta parroquia ven a encher un oco que coidamos que é primordial para o desenrolo de calquer pobo. Dende o inicio desta andadura e ata o día de hoxe seguimos traballando coa mesma ilusión. Sempre estaremos abertos a calquer suxerencia ou opinión. Cando iniciamos este proxecto propuxémos dinamizar culturalmente a parroquia de Abelleira e para iso agardamos ter a colaboración e o apoio da gran maioría dos veciños.

Somos unha Asociación nova que tentará levar a cabo actividades dirixidas á mocidade, pero non nos esquenceremos tampouco dos maiores. Non estamos adscritos a ningún partido político nin tampouco a ningunha relixión. Só esperamos que a partir de agora vos involucredes nesta andaina cultural. Por eso vos animamos a que vos fagades socios canto antes mellor.


Compoñentes da Directiva da A.C. Ponte Vella

COMO FACERSE SOCIO:

Se queres facerte socio ou socia so tes que darlle os teus datos e a cuota de 10 euros a calquera da Directiva ou senón enviando os datos por correo ordinario ou electrónico e ingresando a cuota no número de conta da Asociación:

E-mail: cultura@abelleira.info,
Dirección postal:

carnet

Asociación Cultural “Pontevella” Rúa Sorribos S/N 15290 Abelleira, Muros, A Coruña

Nº de Conta:2091,0302,373040011826 Caixa Galicia de Muros.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>