Reformas no galeón

A nosa asociación recuperou entre 2009 e 2010 un vello galeón construído en San Cosme fai 75 anos.  Os galeóns foron en tempos os principais medios de transporte para a xente da costa pero hoxe o noso é o único que navega na Ría de Muros.

Con esta embarcación participamos nas actividades programadas pola Federación Galega de Embarcacións Tradicionais e tamén realizamos saídas periódicas con todos aqueles que se interesen pola navegación tradicional.

Dende a súa construción, a cuberta e o mastro sufriron un certo deterioro polas condicións atmosféricas e insectos.  Cumpría unha boa reparación.

Coa axuda da Deputación da Coruña, que nos concedeu en 2017 unha subvención, adquirimos a madeira e os materiais precisos para cambiar o mastro e a cuberta deteriorados.

A cuberta e unha parte esencial da estrutura do galeón e bebe estar perfectamente sellada para evitar a entrada de auga á bodega. Non mantela en condicións pon en risco o mantemento de toda a embarcación.

A cuberta orixinal era de piñeiro, pero e moi vulnerable as condición adversas do medio mariño, polo que pretendemos cambiala por unha madeira máis resistente, o iroko. Ademais precisamos calafatear a cuberta, para evitar a entrada de auga.

O mastro do noso galeón ten unha altura de 15 metros e soporta 60 m² de velas: foque, trinqueta e maior.

A acción de insectos xilófagos e da humidade e unha madeira que non era a mellor danaron o mastro que optamos por substituír por un novo de madeira laminada.

A Deputación de A Coruña colabora poñendo unha boa parte do presuposto necesario para mercar os materiais pero o traballo farémolo nós, mantendo a mellor tradición da carpintería de ribeira.

Xeral

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>