RECUPERACIÓN DO ENTROIDO DE ABELLEIRA

Coa aparición dunhas vellas fotos da década dos 50 do século pasado animounos a RECUPERAR E DAR A COÑECER, o que era o Entroido tradicional na parroquia de Abelleira (MUROS), e que quedou no esquecemento.

Entroido en Abelleira a mediados do século XX

Entroido en Abelleira a mediados do século XX

Grazas a unha axuda da DEPUTACIÓN DA CORUÑA, en 2017 demos un primeiro paso moi importante. Conseguimos elaborar 10 traxes de adultos e 4 de nenos

Recuperar e difundir a cultura tradicional de Galicia en todas as súas expresións, ese é o obxectivo principal da nosa asociación. Para iso pretendemos darlle continuidade o proxecto. Recuperando máis traxes, a música e os bailes.

Pretendemos facer un traballo de campo máis exhaustivo para intentar vivir o que era ata mediados do século XX unha grande festa, que cómpre recuperar, dar a coñecer e entregar ás vindeiras xeracións.

Xeral

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>