Entrevista da Directiva da Ostreira coa Alcaldesa de Muros

O 23 de setembro, a xunta directiva da Asociación de Veciños, mantivo unha entrevista coa Sra. Caridad González, alcaldesa de Muros.
Nesta reunión plantexámoslle os seguintes asuntos, que creemos son de especial interese para a parroquia:
•    A MELLORA DA SINAL DE TDT.  É un problema que afecta a maioría dos veciños. Despois de que a oficina da TDT de Galicia fixese un informe das deficiencias da nosa zona, a solución ven por  instalar unha torreta duns 25 metros. O Concello ten este informe dende xaneiro de 2013.
•    LIMPEZA DE CAMIÑOS. Repaso de todos en xeral e especialmente o dos Cebolais e o dos Muíños da Rateira.
•    TOMAS DE AUGA CONTRA INCENDIOS. Non era a primeira vez que lle plantexabamos colocalas naqueles lugares onde non poden pasar os medios de extinción.
•    MARQUESIÑA NA ÁREA RECREATIVA DE VENTÍN.  Coa finalidade de que se resgarden os rapaces que acoden a xogar as pistas e ao parque.
•    LAVADOIRO DO VILAR. Pedímoslle que axilizara os permisos para continuar con esta obra que leva parada máis dun ano.
•    OBRAS NA PARROQUIA. Fíxose forza nas obras que se aprobaron no seu día pola asemblea:
- Arranxo da estrada da Rateira.
- Arranxo da estrada ao Local de Sorribos.
- Acondicionamento dun camiño no Couto.
- Retirada do poste da entrada a Ventín.

A Sra. Alcaldesa mostrouse receptiva en tódalas nosas propostas, agás no de instalar unha marquesiña na area recreativa de Ventín, xustificando a súa negativa en que  dita marquesiña estaría afectada polo deslinde de Costas.
Agora que as propostas están expostas temos que esperar a que se cumpran as expectativas.

A.VV. A Ostreira

1 comment


  1. ferreiro

    A entrevista comeza a dar os seu froitos:
    Limparon os camiños dos Cebolais e o dos muiños da Rateira.
    Tamén encargaron unha torreta de 25m, polo que dentro dun mes podemos ver a TV ben en todos os fogares da parroquia, e polo que levamos loitando moitos anos dende a AVV.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>