Charla informativa sobre Internet Satélite en Sorribos.

A Asociación de Veciños a Ostreira ven de organizar unha charla informativa sobre o acceso a internet de Banda Larga a través de satélite o pasado sábado 22 de setembro. A Ostreira dende fai xa moitos anos leva reclamando en diferentes estamentos un acceso a internet de calidade como teñen o resto das aldeas do Concello, excepto Torea.

No ano 2010 todos pensamos que a solución sería a instalación dunha rede Wimax. A instalación desta rede wimax foi subvencionada pola Deputación da Coruña e cun orzamento de 113.642,88 euros. A día de hoxe a infraestructura wimax está montada, pero según nos informan dende o Concello, que a ningún operador lle interesa dar o servicio.

Cando saeu a licitación pública deste servicio estaba ben definido que a empresa que se encargara da instalación dos equipos tiña que tamén dar o servicio de datos de internet aos usuarios. O prego de clausulas administrativas dio ben claro:
“2.- Compromiso do licitador de dispor na provincia da Coruña dun representante oficial, concesionario ou distribuidor dos produtos a subministrar e que dispoña dunha estocaxe mínima dos produtos necesarios para o mantemento dos bens.
3.- Declaración e compromiso de prazo de garantía da totalidade da subministración.”
Temos agora instalada unha rede wimax na parroquia que, a parte de non ser a última tecnoloxía wimax, está obsoleta e de adorno.
A Ostreira no seu afán sempre de mellorar a calidade de vida da xente da aldea, púxose en contacto coa empresa Eurona, operadora de internet,  que xestiona as subvencións do Agader da Xunta de Galicia para o acceso a internet por satélite para zonas onde non chegan os 2 Megas de velocidade. A alta e instalación de equipos é totalmente gratuíta, o sea, subvencionada pola Xunta de Galicia, dando un servicio de como mínimo 8 megas de baixada e 8 gigas de datos ao mes. Os interesados en darse de alta no servizo que se poñan en contacto con Eurona, no teléfono da súa web, onde lle explicarán tódolos pasos a seguir.

A.VV. A Ostreira , ,

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>