Resumo Asemblea Xeral e Orola de Inverno.

O sábado 5 de Maio celebrouse a asemblea Xeral Ordinaria da A.C.R. Ponte Vella no local social de  Sorribos e aproveitando a ocasión inaugurouse a nova exposición fotográfica que estará exposta durante todo o verán. O gañador do concurso fotográfico foi Joaquín Fabeiro, e a súa fotografía pódese ver tanto en Sorribos como no Album web de picasa . Como ocorre sempre nestes casos a asemblea tivo que celebrarse en segunda convocatoria, xa que na hora que estaba sinalada (20:00 horas) non había quorum suficiente. Debido a que en segunda había únicamente tres ou catro socios vémonos obrigados a utilizar este espazo para informar aos veciños e socios do traballo que se fixo ao longo do ano e sobre todo facer público o estado de contas da asociación, ademáis de convocar eleccións á Xunta Directiva da Asociación xa que actual leva traballando os catro anos reglamentarios. Abreuse polo tanto o período electoral no que xa se poden presentar as candidaturas para dirixir os vindeiros catro anos a Asociación. Todos aqueles que se queiran presentar a estas eleccións deben cominicarllo a calquera membro da directiva saínte, tendo de prazo ata o día 7 de Xullo, día que se celebrarán as eleccións. No caso de non presentarse ningunha candidatura os membros da directiva saínte presentarán unha Xunta Directiva con un reparto de cargos distinto do actual. Dende aquí queremos animar a tódolos veciños que queiran colaborar coa Asociación que o fagan sen medo e que aporten tanto ideas novas como colaboración.
A día 1 de Xaneiro temos un saldo positivo de 3.835 €. Ademáis dos ingresos pola cota dos socios a nosa asociación tivo unha subvención do Concello de Muros e outra da Deputación da Coruña. A primeira para cubrir parte das actividades que se fan ao longo do ano e a segunda para o concurso fotográfico.
Entre as actividades do ano pasado destacaron a andaina á Pedra do Cadro, o concurso fotográfico, a representación teatral do grupo “O Xeito”, e as festas do San Xoán e o Magosto.
Tendo en conta que a nova directiva sairá para Xullo, neste tempo seguiremos traballando os que o fixemos durante os últimos catro anos. Como actividade máis proxima temos previsto traer de  novo unha obra de teatro e preparar xogos de verán nas distintas praias da parroquia.

Xa podedes disfrutar tamén do noso boletín A Orola deste pasado inverno, atoparedela pola parroquia e tamén no apartado “Boletín A Orola” desta web.

A.C. Ponte Vella

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>