Quedan convocados tódolos socios e socias da Asociación Cultural Ponte Vella para o vindeiro día 5 de Maio, sobre as 20:00 horas, que se celebrará unha Asemblea Xeral Ordinaria. A orde do día será a seguinte: balance anual, estado de contas, convocatoria de eleccións a xunta directiva, presentación de candidaturas e rogos e preguntas.
Unha hora antes, sobre as 7 da tarde faremos entrega do premio ao gañador do Concurso de Fotografía, e tamén inaugararemos a exposición de fotos dos participantes no Concurso.
