Abelleira Mariñeira 2010.

Os días 30, 31 de Xullo e 1 de Agosto vamos a celebrar a denominada, de aquí en diante, Festa do Mar Abelleira Mariñeira 2010. Unha exaltación da cultura e do patrimonio marítimo para poñer en valor a riqueza que atesoura. Unha actividade que está contida no calendario oficial da FGCMF. Agardamos que sexa unha actividade que teña continuidade nos vindeiros anos. O ano que ven terá como máximo protagonista o Galeón de Abelleira, que confiamos despertar sulcando as rías e os mares a modo de embaixador da cultura do mar. Nesta edición contamos coa participación de moitas asociacións que traerán as súas embarcacións tradicionais a nosa praia de Ventín. O Joaquín Vieta, as dornas de Lajareu, os da Dorna da Illa e moitos máis, pero gustaríame resaltar a participación dun grupo de once irlandeses que veñen con dous currachs (barcos tradicionais da costa oeste de Irlanda) dende Cork.

O programa da festa é o seguinte:

VENRES 30 DE XULLO:
• Chegada das embarcacións ao longo do día á praia de Ventín por terra e mar.
• Acampada libre.
• 21:00 H- Cea mariñeira de confraternidade na Carpa.
• 23:00 H- Música en directo co grupo muradán TERBUTALINA.
• 00:00 H – Máis música en directo coa BANDA DA BALBINA (gañadores do A Polo Ghit 2009).

SABADO 31 DE XULLO:
• 11:00 H:- Recepción do navío Joaquín Vieta e visitas guiadas.
• 12:00 H Navegación conxunta ao encontro da singradura de Lajareu por Barlovento dende Riveira-Abelleira e volta aos mexilloeiros.
• 13:00 H.- Arribada e visita ás embarcacións varadas na Praia de Ventín.
• 14:00 H.- Xantar de confraternidade na carpa mariñeira.
• 16:00 H.- Regata de Bucetas.
• 17:00 H.- Regata tradicional das “ jamelas de Abelleira”.
• 18:00 H.- Xogos tradicionais (Tiro de corda,…) e actividades infantís.
• 19:00 H.-Ofrenda floral en recordo ós falecidos no mar.
• 22:00 H.- Cea na Carpa acompañada de música tradicional a cargo da xente da Illa de Arousa.
• 24:00 H.- Actuación musical do trío Eclipse.
DOMINGO 1 DE AGOSTO:
• 11.30 H Despedida das embarcacións. Entrega de agasallos as tripulacións.

Agardamos a participación da xente vestida cos traxes tradicionais que xa temos todos do ano anterior, da Festa da botadura da buceta. Queremos agradecer a colaboración ao Concello de Muros, a Protección Civil de Muros, aos patrocinadores, as asociacións participantes, a F.G.C.M.F. e tamén a tódolos voluntari@s que coloboran desinteresadamente para que todo esto se poda facer. A xente que queira asistir ás comidas que se darán na carpa pódense anotar na Casa de Carleiras ou no Bar Hórreo ata o día 24 de Xullo, incluido. Gracias a tod@s e Boa Festa Mariñeira.

O evento no Feisbuk.

LOCALIZACIÓN XEOGRÁFICA:
Latitude:     42º  48′ 2.08″ N
Lonxitude:    9º  1′ 36.04″ W

A.VV. A Ostreira , , , ,

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

*

You may use these HTML tags and attributes: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>