Programa da Festa da Botadura.
O próximo dÃa 4 de Xullo, Sábado da Festa do Carme, teremos outra celebración ao longo do dÃa no peirao de Sorribos. A Botadura da Buceta vai a marcar un antes e un despois para a parroquia de Abelleira. Agardamos a presenza dunhas quinientas persoas aproximadamente, incluindo as autoridades e a tripulación das embarcacións de fóra. A Buceta sairá do local de fabricación sobre as 12 da mañán, acompañada por unha comitiva de xente e un grupo de música tradicional galega. Sobre as 12:30 chegará ao peirao de Sorribos, onde xa estará aberta a cantina e procederáse a recollida de tickets para o xantar. Sobre a 1 da tarde inauguraremos unha exposición fotográfica e proxectaráse un dvd cos traballos desenrolados pola A.VV. A Ostreira. O redor das 2 da tarde empezaremos co reparto do xantar, que constará en: Salpicón, pementos da Devesa
, ensalada, churrasco, café e xelado. Queremos pedir dende aqui aos asistentes que por favor sigan as instruccións da Organización para que todo este evento saia perfecto. Non queremos esquencer que o acceso de vehiculos ao peirao de Sorribos queda totalmente prohibido. Agardamos que todos pasemos unha xornada inesquecible.
Arquivado en: A.VV. A Ostreira



Ola Veloso:
Xa faláramos o dÃa o teatro en Sorribos do Encotro Blogueiro de Muros.
Mira neste enlace de que vai a movida:
http://www.mardemuros.com/noticia.21.06.09.html
Veña tÃo, mándalle un correo ao Xocas (webmaster da federación) ao e-mail indicado para a inscripción e vémonos o sábado 11 ás 8 da tarde no Telecentro de Muros.
Por certo, o de presentar ponencia é para todo aquel que queira, por suposto se unicamente queres asistir representado a Abelleira tamén serás benvido.
Unha aperta mariñeira amigo.
Ola Moncho,
Tentarei asistir ao Encontro Blogueiro de Muros, inda que ese sábado temos pensado ir coa nosa Buceta á Vila e facer unha festiña alÃ. Un saúdiño dendes estes mareáns bravos da Punta.