Presentación do Proxecto de Recuperación do Galeón.

O vindeiro sábado 12 de Decembro, sobre as cinco da tarde, o Grupo de Traballo integrado na A.VV. a Ostreira fará un acto de presentación en sociedade do Proxecto de Recuperación do chamado Galeón de Abelleira. Dentro do programa destaca a presencia de Jesús Blanco, profesor da Universidade de Vigo, a do Presidente da Federación [...]

Concurso de Carteis de Nadal.

Por segundo ano ,o Concello de Muros e o Servizo de Normalización Lingüística en colaboración ca A.C.R. Ponte Vella veñen de organizar un Concurso de Carteis de Nadal para nenos e nenas de primaria e infantil. O vindeiro día 19 de Decembro faráse entrega dos premios no Local Social de Sorribos.

Trailer DVD A Botadura.

Para que vaiades abrindo apetito, presentámosvos un pequeno adianto do que será o DVD da Festa da Botadura. O DVD orixinal de aproximadamente 45 minutos contén moitos máis videos e fotos. Temos pensado facer a presentación deste DVD a mediados de Decembro e proxectalo no Local Social de Sorribos o mesmo día. De momento [...]