Publicación da Recopilación de Relatos Curtos A Orola.

O sábado 17 de outubro, fíxose entrega do premio á gañadora do III Concurso de Relato Curto A Orola, Rocío Leira Castro, natural de Cee. O xurado deste ano decideuse polo relato “O alpendre dos meus soños” no que a autora nos conta as vivencias dunha muller afastada do seu marido na emigración. No mesmo [...]

Magosto 2009.

Como é tradicional neste tempo, un ano máis celebraremos o Magosto na Eira de Bornalle. Será o sábado 31 de outubro sobre as dez da noite. Coma sempre teremos as castañas asadas, chourizos, viño, música, algún que outro gaiteiro e pandereteiras, e como non a queimada como fin de festa. Non faltedes á cita.

Novo Blog do Galeón de Abelleira.

Presentamos en sociedade o novo Blog informativo da cultura marítima no que está, nunca mellor dito, embarcado un grupo de traballo pertencente a Asociación de Veciños A Ostreira. Daremos conta neste espazo web de todo o proceso de recuperación desta embaración tradicional extinguida xa fai anos da nosa Ría. Non me extendo máis en explicar [...]