Magosto na Eira de Bornalle

Como ven sendo habitual estes últimos anos nesta época, o próximo día oito de Novembro, sábado sobre as nove da noite, celebraremos o Magosto na encantadora Eira de Arriba de Bornalle. As castañas asadas serán acompañadas por viño, chourizos e música. Remataremos a velada recitando o conxuro que estará aderezado dunha boa queimada. Non vos perdades esta noite máxica.

Entrega do premio “A Orola” e inauguración da exposición.

O pasado sábado catro de outubro do 2008, sobre as seis da tarde no local social de Sorribos, inaugurouse a Exposición de Fotografía Submariña da nosa ría e despois fíxose tamén  entrega do premio a gañadora do II Concurso de Relato Curto “A Orola”. Ao acto acudiron parte dos membro do Xurado, X.M. García Trigo [...]