Creado o 14 Junio, 2010 por admin
O vindeiro sábado día 26 de Xuño de 2010 estades todos invitados á Gran Sardiñada que organizaremos na explanada de Sorribos a eso das dez da noite. Unha hora antes faremos entrega do premio do I Concurso de Fotografía dixital sobre a Ría de Muros, e tamén se expoñerán as fotos participantes no local social. [...]
Arquivado en: A.C. Ponte Vella | Sen comentarios
Creado o 16 Febrero, 2010 por admin
O sábado 27 de Febreiro sobre as 20:00 horas convocamos a tódolos socios/as da Asociación Cultural e Recreativa Ponte Vella a Asemblea Xeral Ordinaria , que celebraremos no local social de Sorribos. A orde do día será a seguinte:
1.-Lectura e aprobación de actas anteriores.
2.-Balance das actividades feitas no ano 2009 e propostas para ano 2010.
3.-Cuota [...]
Arquivado en: A.C. Ponte Vella | Sen comentarios
Creado o 8 Febrero, 2010 por admin
O próximo sábado 13 de febreiro sobre as cinco da tarde a A.C. Ponte Vella organiza un Festival de antroido para os máis pequenos da casa. Contaremos coa tradicional piñata, con animadores e remataremos a festa cunha merenda con platos destas datas, como son as orellas e as filloas. Non nos esquenceremos de quentar [...]
Arquivado en: A.C. Ponte Vella | Sen comentarios
Creado o 6 Enero, 2010 por admin
A Asociación Cultural e Recreativa Ponte Vella convoca o primeiro Concurso de Fotografía “A ría de Muros e Noia”. O gañador ou gañadora será obsequiado cun premio de cento cincuenta euros en material fotográfico. Os interesados/as en participar poden consultar as bases pinchando aquí:bases
Arquivado en: A.C. Ponte Vella | 4 Comentarios »
Creado o 23 Noviembre, 2009 por admin
Por segundo ano ,o Concello de Muros e o Servizo de Normalización Lingüística en colaboración ca A.C.R. Ponte Vella veñen de organizar un Concurso de Carteis de Nadal para nenos e nenas de primaria e infantil. O vindeiro día 19 de Decembro faráse entrega dos premios no Local Social de Sorribos.
Arquivado en: A.C. Ponte Vella | Sen comentarios
Creado o 25 Octubre, 2009 por admin
O sábado 17 de outubro, fíxose entrega do premio á gañadora do III Concurso de Relato Curto A Orola, Rocío Leira Castro, natural de Cee. O xurado deste ano decideuse polo relato “O alpendre dos meus soños” no que a autora nos conta as vivencias dunha muller afastada do seu marido na emigración. No mesmo [...]
Arquivado en: A.C. Ponte Vella | Sen comentarios
Creado o 12 Octubre, 2009 por admin
Como é tradicional neste tempo, un ano máis celebraremos o Magosto na Eira de Bornalle. Será o sábado 31 de outubro sobre as dez da noite. Coma sempre teremos as castañas asadas, chourizos, viño, música, algún que outro gaiteiro e pandereteiras, e como non a queimada como fin de festa. Non faltedes á cita.
Arquivado en: A.C. Ponte Vella | Sen comentarios
Creado o 18 Septiembre, 2009 por admin
O vindeiro sábado día 17 de Outubro faráse entrega do premio ao gañador/ora do III Certame de Relato Curto “A Orola”. Terá lugar no Local Social de Sorribos sobre as oito da tarde. Este ano o xurado está composto por Caridad González , Deputada de Cultura, Educación e Patrimonio histórico artístico da Deputación da Coruña, [...]
Arquivado en: A.C. Ponte Vella | Sen comentarios
Creado o 8 Junio, 2009 por admin
O vindeiro sábado 13 de Xuño o grupo de teatro “O Xeito” representará no local social de Sorribos a obra Noite de lobos, orixinal de Xosé Agrelo Hermo. Este acto estará organizado pola nosa Asociación e colaboran tanto o Excelentísimo Concello de Muros como a asociación Cultural “O Xeito” de Esteiro. A representación dará [...]
Arquivado en: A.C. Ponte Vella | Sen comentarios
Creado o 15 Abril, 2009 por admin
A Asociación Cultural e Recreativa Ponte Vella ven de convocar o IIIº Certame de Relato Curto “A Orola”, e que se fallará aló polo mes de Xullo de 2009. Este certame ven sendo o sinal de identidade da nosa Asociación e queremos que siga sendo así nestes próximos anos. Por iso, este ano aumentamos [...]
Arquivado en: A.C. Ponte Vella | Sen comentarios