Author Archives: admin

Abelleira Mariñeira 2015

O próximo sábado 1 de agosto na praia de Ventín volvemos coa VII Abelleira Mariñeira.

As 14:30, xantar mariñeiro.

  • Ensalada templada de langostinos
  • Carne richada (homenaxe os pratos tradicionais das romarías galegas, neste caso da zona Forcarei, Estrada e Silleda).
  • Postres.

 

Prezos

  • Adultos: 20€
  • Ata 18 anos:10€
  • Ata 10 anos: gratis

No momento de apuntarse hai que pagar como mínimo o 50%

Apuntarse antes do 25 de xullo: (659) 986 753

MÚSICA

  • OS BREAS
  • CANTAREIRAS DE ARCOS
  • CANTAREIR@S DO RUMIAL

Desembarco pirata

Corre o ano 1830, e o pirata Benito de Soto, na singradura polas costas galegas, intenta facer unha rapiña na praia de Ventín, onde se atopara cunha forte resistencia das mulleres e homes da parroquia que se defenderan con artillería e apeiros de labranza.

Os piratas vencen nun primeiro momento, pero como bos piratas no xantar excédense coa bebida e os lugareños reorganizados conseguen desta vez que fuxan como alma que leva o diaño.

Os piratas sairán do peirao de Muros as 12:30 (xunto a lonxa nova)

Bandos no desembarco:

PIRATAS:

  • Nas embarcacións so iran os que esten disfrazados, prazas limitadas.
  • En internet hai moitas fotos para buscar ideas.
  • Nos chinos hai moitos complementos: panos, espadas, pistolas, parches, garfos, bandeiras, chapeus, etc.

DEFENSORES:

  • Perfectos os traxes mariñeiros, admítense modificacións
  • Conveniente facer apeiros agrícolas de madeira: fouciños, horquillas, fouces, ensiños, etc.
  • Neste bando non hai limite
  • Se alguén ten disfraz de militar da época, estupendo

Esta actividade faise co animo de continuar, así que o que fagades vale para futuras edicións.

 

A.VV. A Ostreira

VI Abelleira Mariñeira 2014.

Un ano máis, e con este xa van seis, vamos a celebrar a festa de Abelleira Mariñeira 2014.  Xantar ó aire libre en Ventín, música tradicional, paseos en barco e boa compañía. Este é o cóctel que che propoñemos. Non deixes para última hora a reserva.

O xantar será ensaladilla, carne ó caldeiro, postre e café. Todo por 20 €, os rapaces terán menú especial. Pola noite cearemos as sobras do xantar.

A.VV. A Ostreira ,

O grupo de teatro na TVG.

A primeira representación teatral do grupo Imolandando, “A lenda de Xoán Bonome”, tivo a súa repercusión nos medios. Para exemplo poñemos o vídeo onde se informa dende a TVG.

http://youtu.be/nhnPl7BoCT0

Por outro lado, e gracias a inestimable colaboración de Manolo podemos ver as fotos dos ensaios neste link: fotos ensaios

 

A.VV. A Ostreira

Teatro no Galpón.

Unha nova aventura teatral estase a cocer no seo da A.VV. A Ostreira. O grupo teatral Imolandando composto por xente pertencente a A.VV. A Ostreira preséntanos a súa primeira representación teatral.
A lenda de Xoán Bonome,un vello conto de orixe europeo incorporado ao teatro galego por Agustín Magán. O argumento pódese resumir en que Ermesinda reprocha ao seu irmán Xoán Bonome, de ser moi xeneroso cos pobres (Perfectus, Meco e Xelasio); pero a súa sorte vai cambiar despois da visita de Xesús de Nazaret quen lle concede a Xoán cinco desexos.
San Pedro pensa que os desexos de Xoán son tolerías, sobre todo o quinto. ¿Por que pedirá Xoán este último desexo? Saberémolo ao remate da obra.

As entradas da primeira función do 7 de xuño xa están esgotadas. Pero inda estades a  tempo de mercalas para a segunda, o día 14 de Xuño as 22:00 horas no Galpón.

A.VV. A Ostreira , , ,

Cea-Baile de Entroido 2014.

Un ano máis unha das festas máis esperadas e concurridas da parroquia neste inverno tan duro é o Entroido. Coma tódolos anos teremos un xantar típico de entroido, onde poderemos disfrutar duns petiscos de primeiro e un lacón de plato forte. Non poden faltar tampouco os postres desta época do ano. Se queredes levar premio no concurso de disfraces a currarso coma outros anos. Anímate e disfruta desta noite onde non pasaredes frío.

Ahhh, que xa se me olvidaba o máis importante, o día, o sábado primeiro de marso…a hora de sear…

 

A.VV. A Ostreira

Cea de Nadal no Galpón

A primeira cea de Nadal  que organizou a A.VV. A Ostreira celebrouse no ano 2006 no Scala de Padrón, xa van alá 8 anos. Dende entón fomos dúas veces máis ó Scala, logo Vimianzo, despois seguimos en Boiro, Buño e Santa Comba.
Este ano decidimos que tocara moito máis preto, no JALPÓN de Joaquín.

Pensamos que podemos ofrecer máis calidade na comida, un prezo máis asequible e ademáis ó lado da casa.
O menú costará entre 20 e 25 euros.

 

Menú:
-Centola da ría
- Boi
- Langostino
- Carne asada
- Postre de nadal
Canto antes poidamos comprar o marisco, máis barato sairá o menú. Para iso hai que apuntarse antes do 11 de decembro, entón por este mesmo motivo non se apuntará a ninguén despois desa data.
A cena estará ambientada con música e calefacción.

Aproveitamos a ocasión para felicitar especialmente a tódolos socios, socias e colaboradores, e tamén a tódolos veciños e veciñas desta Abelleira.

FELIZ NADAL A TODOS!!

A.VV. A Ostreira

Entrevista da Directiva da Ostreira coa Alcaldesa de Muros

O 23 de setembro, a xunta directiva da Asociación de Veciños, mantivo unha entrevista coa Sra. Caridad González, alcaldesa de Muros.
Nesta reunión plantexámoslle os seguintes asuntos, que creemos son de especial interese para a parroquia:
•    A MELLORA DA SINAL DE TDT.  É un problema que afecta a maioría dos veciños. Despois de que a oficina da TDT de Galicia fixese un informe das deficiencias da nosa zona, a solución ven por  instalar unha torreta duns 25 metros. O Concello ten este informe dende xaneiro de 2013.
•    LIMPEZA DE CAMIÑOS. Repaso de todos en xeral e especialmente o dos Cebolais e o dos Muíños da Rateira.
•    TOMAS DE AUGA CONTRA INCENDIOS. Non era a primeira vez que lle plantexabamos colocalas naqueles lugares onde non poden pasar os medios de extinción.
•    MARQUESIÑA NA ÁREA RECREATIVA DE VENTÍN.  Coa finalidade de que se resgarden os rapaces que acoden a xogar as pistas e ao parque.
•    LAVADOIRO DO VILAR. Pedímoslle que axilizara os permisos para continuar con esta obra que leva parada máis dun ano.
•    OBRAS NA PARROQUIA. Fíxose forza nas obras que se aprobaron no seu día pola asemblea:
- Arranxo da estrada da Rateira.
- Arranxo da estrada ao Local de Sorribos.
- Acondicionamento dun camiño no Couto.
- Retirada do poste da entrada a Ventín.

A Sra. Alcaldesa mostrouse receptiva en tódalas nosas propostas, agás no de instalar unha marquesiña na area recreativa de Ventín, xustificando a súa negativa en que  dita marquesiña estaría afectada polo deslinde de Costas.
Agora que as propostas están expostas temos que esperar a que se cumpran as expectativas.

A.VV. A Ostreira

En Agosto Abelleira Mariñeira 2013.

A oferta festiva na nosa parroquia consta básicamente de dúas festas, por un lado “as parroquiais”, celebradas en xullo con moito éxito, e  por outro lado a denominada  “Abelleira Mariñeira” que xa cumpre cinco anos neste mes de agosto.
O vindeiro sábado 10 de agosto celebraremos a nosa particular festa da cultura marítima-gastronómicafesteira na Carballeira de Ventín.

Como ven sendo habitual teremos…
•    Embarcacións tradicionais
•    Actividades lúdicas
•    Música todo o día
•    Xantar mariñeiro

Unha vez máis introducimos cambios co fin de facer unha mellor festa. Por eso:
•    Suprimimos a cea, para concentrar a máis a xente
•    Reducimos nun terzo o prezo do menú de 30 a 20€
•    Trocamos o menú, nesta ocasión, ofrecemos o prato máis típico das romarías galegas: polbo á feira e carne ó caldeiro
•    Buscamos a fórmula para que a xente aporte cousas para facer unha gran festa.
Haberá navegacións, nas que podes participar, pola maña e pola tarde.
Os prezos do xantar son:
•    Ata 10 anos, 2€
•    Ata 18 anos, 10€
•    Adultos,  20€
Por razóns de organización, e da elaboración da comida, é preciso que te anotes antes do 3 de agosto. Haberá que abonar o 50% do prezo do menú.
Fóra dese prazo, apuntarse terá un recargo. Hai moitas festas, pero que che permitan pasar todo o día cos teus veciños, con barcos, natureza, música, e un xantar estupendo, hai poucas. Non perdas a ocasión.

A.VV. A Ostreira

Viaxe a Concentración de Combarro.

A AVV a Ostreira vai participar no Encontro de Embarcacións Tradicionais que se vai celebrar este fin de semán, 26, 27 e 28 de xullo en Combarro. As persoas que se animen a vir por mar no galeón, que sepan que saímos de Muros o venres 26 , a singradura dura  unhas 6 horas percorrendo a costa galega.

Anímate e acércarte a Combarro, por que:

  • E unha fermosa vila
  • Pola concentración de barcos
  • Pola música, venres: Treixadura e o sábado; Astarot e Os Suaves

O sábado podes percorrer con nos a ría de Pontevedra.

Tamén podes voltar con nos dende Combarro a Muros, o domingo.

Prazas limitadas.

A.VV. A Ostreira

Abelleira estará no Encontro do Freixo.

Como ven sendo habitual dende o ano 93 a FGCMF organiza cada dous anos o denominado Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Participan diferentes tipoloxías de barcos tradicionais de todo o Estado e doutros países coma Portugal, Francia ou Irlanda.
A Ostreira, como membro da Federación, este ano vai participar coas dúas embarcacións que temos, o galeón e a buceta. Temos a sorte, igual que fai dous anos, que o Encontro se celebre na nosa ría. Este ano tocoulle ao Freixo, onde a carpintería de ribeira xogou un papel moi importante na súa economía anos atrás.
Por este motivo tan importante para nós queremos animar e invitar a toda xente a que participe nesta festa da cultura marítima. O programa de actvidades do Encontro que se celebrará do 11ao14 de Xullo podedelo consultar na propia web.

A.VV. A Ostreira , , , ,