Festival de antroido para nenos.

O próximo sábado 13 de febreiro sobre as cinco da tarde a A.C. Ponte Vella organiza un Festival de antroido para os máis pequenos da casa. Contaremos coa tradicional piñata, con animadores e remataremos a festa cunha merenda con platos destas datas, como son as orellas e as filloas. Non nos esquenceremos de quentar o corpo cun bó chocolate quente. Colabora e trae as túas filloas ou orellas da casa. Este ano recuperaremos o tradicional burro de antroido que será queimado en Sorribos. Traede os máis pequechos disfrazados para ocasión…

Cea Baile de Antroido 2010.

O vindeiro Sábado día 13 de Febreiro a A.VV. A Ostreira organiza unha Cea-Baile amenizada polo trío Eclipse, xa coñecido por todos. Sobre ás 21:30 da noite comezará a cea, onde o menú estará composto por: Gambas de primeiro, lacón con grelos de segundo e de postre filloas e orellas. Os prezos son de 35 euros para os maiores de 18 anos, 10 euros para os nenos de ata 10 anos e de 10 anos ata 18 son 15 euros. As reservas serán aceptadas ata o domingo 31 de Xaneiro previo pago de 20 euros. Pódense facer falando co Ferreiro ou Ramón do Curro e senón no número 696419678. Ah! que xa me olvidaba,todo será dentro dunha carpa e con calefacción. Hai que ir disfrazado, inda que algún xa anda todo o ano. ¡NON FALTEDES! FESTÓN

Concurso de fotografía “A ría de Muros e Noia”.

A Asociación Cultural e Recreativa Ponte Vella convoca o primeiro Concurso de Fotografía “A ría de Muros e Noia”. O gañador ou gañadora será obsequiado cun premio de cento cincuenta euros en material fotográfico. Os interesados/as en participar poden consultar as bases pinchando aquí:bases

Presentación do Proxecto de Recuperación do Galeón.

O vindeiro sábado 12 de Decembro, sobre as cinco da tarde, o Grupo de Traballo integrado na A.VV. a Ostreira fará un acto de presentación en sociedade do Proxecto de Recuperación do chamado Galeón de Abelleira. Dentro do programa destaca a presencia de Jesús Blanco, profesor da Universidade de Vigo, a do Presidente da Federación pola Cultura Marítima e Fluvial, Víctor Fernández. Tamén estará presente José Luis, o patrón do galeón “Nuevo Sofía” que nos falarán sobre todo da importancia da Cultura Marítima e máis concretamente dos galeóns. Teremos ao remate un pequeno ágape, que consistirá en mexilóns ao vapor da nosa ría. Aproveitaremos tamén o día para facer a presentación do DVD “A Botadura 2009″ e faremos a súa proxección sobre as oito da noite. Non faltedes.

Concurso de Carteis de Nadal.

Por segundo ano ,o Concello de Muros e o Servizo de Normalización Lingüística en colaboración ca A.C.R. Ponte Vella veñen de organizar un Concurso de Carteis de Nadal para nenos e nenas de primaria e infantil. O vindeiro día 19 de Decembro faráse entrega dos premios no Local Social de Sorribos.

Trailer DVD A Botadura.

Para que vaiades abrindo apetito, presentámosvos un pequeno adianto do que será o DVD da Festa da Botadura. O DVD orixinal de aproximadamente 45 minutos contén moitos máis videos e fotos. Temos pensado facer a presentación deste DVD a mediados de Decembro e proxectalo no Local Social de Sorribos o mesmo día. De momento desfrutade deste adianto…

Publicación da Recopilación de Relatos Curtos A Orola.

O sábado 17 de outubro, fíxose entrega do premio á gañadora do III Concurso de Relato Curto A Orola, Rocío Leira Castro, natural de Cee. O xurado deste ano decideuse polo relato “O alpendre dos meus soños” no que a autora nos conta as vivencias dunha muller afastada do seu marido na emigración. No mesmo acto fíxose tamén a presentación da primeira publicación feita pola A.C.R. Ponte Vella, unha recopilación de tódolos relatos que participaron ata o de agora neste certame. Para rematar o acto, o poeta muradán, Samuel Lema recitounos un pequeno repertorio da súa obra, moi relacionado co costumismo da nosa zona. Os interesados en mercalo libro poden facelo no Bar O Horreo, na Casa Carleiras, falando con calquera de directiva da A.C.R. Ponte Vella ou enviando un mail a Antonio Priegue (parispl@hotmail.com). Se vives fóra podémoscho enviar contrareembolso pagando os gastos de envio. O prezo do libro son 10 euros.

¡COLABORA E MERCA O LIBRO!

Repercusión na Voz de Galicia. 1 e 2.

Manual da destrución. Samuel Lema.

Magosto 2009.

Como é tradicional neste tempo, un ano máis celebraremos o Magosto na Eira de Bornalle. Será o sábado 31 de outubro sobre as dez da noite. Coma sempre teremos as castañas asadas, chourizos, viño, música, algún que outro gaiteiro e pandereteiras, e como non a queimada como fin de festa. Non faltedes á cita.

Novo Blog do Galeón de Abelleira.

Presentamos en sociedade o novo Blog informativo da cultura marítima no que está, nunca mellor dito, embarcado un grupo de traballo pertencente a Asociación de Veciños A Ostreira. Daremos conta neste espazo web de todo o proceso de recuperación desta embaración tradicional extinguida xa fai anos da nosa Ría. Non me extendo máis en explicar este ambicioso proxecto, xa que podedes consultar toda a información nesta ligazón do Galeón de Abelleira.

DVD: “A Botadura 2009″. Fai a túa reserva.

Próximamente vamos a poñer a venta un DVD sobre o proceso de fabricación da buceta e do día de festa da Botadura. Necesitamos saber canta xente está interesada en adquirilo, por eso é imprescindible facer unha reserva indicando o número de copias que precise cada persoa. O precio da reserva é de un euro por copia, que logo se descontará do precio final do dvd. As reservas pódense facer na Casa de Carleiras e no Bar Hórreo, tamén a calquera persoa das dúas directivas.