INFORME SOBRE " A MUREIRA".

A paraxe denominada " A Mureira” é unha frecha areosa que forma o esteiro da desembocadura do río Rateira, como se pode comprobar nas fotos, atópase no centro da parroquia de Abelleira, dando a esta unha forma moi carecterística. Logo de moitos anos intentandoo, dende fai aproximadamente unha decada, foron quen de prender nela unha serie de piñeiros, que neste intre conforman unha bonita paisaxe, ademais de proporcionar sombra a todos aqueles bañistas que se acercan a praia de Bornalle.

Unhas crecidas acaecidas no río Rateira no 1994, supuso unha forte erosión nesta frecha, que foi en aumento co paso dos anos.
En xaneiro do ano 2000, e a vista de que ninguén facía nada para evita-la desaparición da “Mureira” esta Asociación dirixíuse a “Augas de Galicia” da Xunta e a “Demarcación de Costas” do Ministerio de Medio Ambiente, en busca de solución, Augas comunicounos que non eran da súa competencia, Costas díxonos que en principio non había inconvinte sempre que se realizaran as obras nunhas determinadas condicións, pero que para eles era unha actuación de menor entidade e que non o facían, que buscásemos outros cauces para a súa execución. Como esta Asociación non ten a suficiente capacidade para levar a cabo esta obra, dirixímonos ó Concello en escrito do 22 de xaneiro de 2001, o resultado foi que o 16 de outubro de 2001 chegounos unha comunicación de Costas indicándonos a caducidade do permiso, sin que ninguén nos axudase a dete-lo derrube.

   
ANO 2003

ANO 1994

 
                 
       

© A. VV. "A Ostreira" Abelleira 2005