|
A
Asociación foi constituída o 29 de Agosto de 1992, aínda
que foi legalizada o 28 de Setembro dese mesmo ano.
SUBVENCIÓNS:
Como non podía ser doutra maneira, escomenzámo-lo noso andar
solicitando un local social:
DATA:
12 de Novembro de 1992
SOLICITUDE: “Subvención para a rehabilitación da escola
da Robaleira”
DESCRIPCIÓN DA OBRA: Rehabilitación do inmoble mediante
a colocación de carpinterias exteriores e interiores, pintado,
colocación de fontaneria, saneamento e electricidade, construcción
de aseo e pequenas obras de acondicionamento interior do edificio
CANTIDADE SOLICITADA: 1.445.855 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Padroado Provincial para a mellora do Medio
Rural. Consellería da Presidencia
FOI DENEGADA.
ANO
1993
SUBVENCIONS CONCEDIDAS:
DATA:
15 de Febreiro de 1993.
SOLICITUDE: “Arranxo da saida da carretera da iglesia ca comarcal
Noia-Muros”
DESCRIPCIÓN DA OBRA: Esta saída na que todos nos xogabamonos
a vida cada vez que a usabamos, viña sendo solicitada dende facía
tempo por tódolos veciños da parroquia aínda que
sempre con resultados negativos. No ano 1992, aínda non constituida
a Asociación varios veciños andiverón pedindo polas
portas, e co que xuntaron, fixerón os muros que delimitan a carretera,
a Asociación por medio dunha subvención de 300.000 pesetas
asfaltouna e púxolle os tubos de recollida de aguas.
CANTIDADE SOLICITADA: 1.100.639 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 300.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
DATA:
15 de Febreiro de 1993.
SOLICITUDE: “Arranxo da baixada da carretera de Salgueiros”
DESCRIPCIÓN DA OBRA: Con esta obra tratamos de arranxar a defectuosa
saída, que facía a carretera de Salgueiros prácticamente
intransitable, debido a gran pendiente existentente. Para esto levantamos
un pouco a carretera do Lugar de Abaixo e mercamos o terreo que facía
esquina por 20.000 pesetas para ampliar a curva.
CANTIDADE SOLICITADA: 1.005.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 300.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
En 1993 escomenzamos tamén a solicitar subvencións para
actividades culturais e deportivas:
XII
CARREIRA DE CARRILANAS
CANTIDADE SOLICITADA: 360.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 100.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña
CURSO
DE GAITA GALEGA
CANTIDADE SOLICITADA: 400.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 100.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña
SUBVENCIONS
NON CONCEDIDAS:
Nese mesmo ano solicitamos tamén, pero foinos denegada:
DATA: 20 de Abril de 1993
SUBVENCIÓN: “Adquisición dun batel de regatas”
CANTIDADE SOLICITADA: 800.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Consellería de Pesca
ANO 1994
SUBVENCIONS CONCEDIDAS
Neste
ano foi solicitada e concedida:
DATA:
30 de Abril de 1994
SUBVENCIÓN: “Pavimentación do Camiño de Somorto”
DESCRIPCION DA OBRA: Con esta obra asfaltamos un camiño que casi
todo ano era intransitable debido sobre todo a gran cantidade de agua
que recollía.
CANTIDADE SOLICITADA: 1.301.444 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 600.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
En
1994 en canto a actividades culturais e deportivas, solicitamos e concederonnos:
XIII
CARREIRA DE CARRILANAS
CANTIDADE SOLICITADA: 370.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 75.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
CURSO
DE GAITA GALEGA
CANTIDADE SOLICITADA: 510.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 75.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
SUBVENCIONS NON CONCEDIDAS
Foron
denegadas as seguintes subvencións:
DATA:
26 de Maio de 1994
SUBVENCIÓN: “ Creación dunha zona verde nas inmediacións
da praia de Bornalle”
CANTIDADE SOLICITADA: 622.941 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Consellería de Xusticia.
OUTRAS
ACTUACIÓNS:
Xestionamos neste ano os seguintes asuntos:
-
Presentación perante o Concello de Muros, da iniciación
dos trámites para a construcción dun peirao na Punta. 9
de Xaneiro de 1994
-
Creación dunha Asociación cultural e Xuvenil. 10 de Abril
de 1994. Paralizada por falta de interese por parte dos rapaces.
-
Confección a petición da Cámara Agraria Local, da
relación de damnificados pola riada. 23 de Novembro de 1994 .Sen
noticias.
-
A través do entonces conselleiro de cultura Lolo Monteagudo conseguímo-la
instalación dun repetidor de television, que mellorou o sinal de
televisión en toda a parroquia dos canales de televisión:
A3, TELE5 e TVG.
CURSO
DE HORTICULTURA.
DESCRIPCIÓN: Postos en contacto coa oficina de Extensión
Agraria de Noia organizamos un curso no que un técnico explicou
durante unha semán: horticultura, abonos, herbicidas, etc. Asistiron
20 persoas, entre as que se reparteu semillas de coliflor e espinacas,
de un alto coste.
- OUTROS INGRESOS (Beneficios Carreira de Carrilanas) 34.000 pts.
ANO 1995
SUBVENCIONS
CONCEDIDAS:
DATA: 22 de Febreiro de 1995.
SUBVENCIÓN: “Adquisición dunha fotocopiadora”
CANTIDADE SOLICITADA: 973.820 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 100.000 pts.
ORGANISMO QUE A CONCEDEU: Deputación de A Coruña.
DATA:
18 de Febreiro de 1995.
SUBVENCIÓN: “XIV Carreira de Carrilanas”
CANTIDADE SOLICITADA: 485.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 100.000 pts.
ORGANISMO QUE A CONCEDEU: Deputación de A Coruña.
DATA:
12 de Febreiro de 1995.
SUBVENCIÓN: “ Adquisición de 15 batelumes”.
CANTIDADE CONCEDIDA: 39.375 pts, 100% da inversión.
ORGANISMO QUE A CONCEDEU: Consellería de Agricultura.
DATA:
12 de Febreiro de 1995.
SUBVENCIÓN: “Adquisición dunha desbrozadora remolcada”
DESCRIPCIÓN: A vista de saír publicado no D.O.G. subvencións
para a loita contra os incendios forestais, decidimos solicitar unha desbrozadora
para o mantemento da limpeza dos camiños, foronnos concedidas 180.000
pts. Aínda que esta non estivera operativa, foi debido a que os
camiños requerían unha máquina de maior potencia
debido o seu total abandono durante anos. A partires de 1998 dedicarémo-la
a repasar estos camiños, antes de que a maleza faga que esta desbrozadora
non poida actuar.
CANTIDADE SOLICITADA: 360.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 180.000 pts.
ORGANISMO QUE A CONCEDEU: Consellería de Agricultura.
SUBVENCIONS NON CONCEDIDAS
DATA:
11 de Febreiro de 1995.
SUBVENCIÓN: “Adquisición dunha maquina de escribir
e unha fotocopiadora”.
CANTIDADE SOLICITADA: 973.820 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Subvencions para obras e equipamentos locais.
Consellería de Xusticia .DENEGADA.
DATA:
16 de Febreiro de 1995.
SUBVENCIÓN: “Pavimentación do Camiño dos Cebolais”
CANTIDADE SOLICITADA: 747.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 200.000 pts.
DESCRIPCIÓN: Esta obra non se chegou a realizar, porque foi concedida
de forma extraordinaria uns dias antes das eleccións, e a cuantía
concedida era de 200.000 pesetas, que naqueles momentos facían
inviable a realización da obra, xa que tiñamos que xustificar
con facturas a cuantía total do presuposto que ascendía
a 747.000 pts, polo que tiñamos que pagar só de IVA 120.000
pesetas, que ascendía a case a totalidade do concedido, dito doutra
forma, sen empezar o contratista a obra prácticamente tiñamos
que abonar a totalidade do concedido, e poñer dos fondos da Asociación
547.000 pesetas que supón aproximadamente o presuposto de 3 anos
desta Asociación. Por sorte, este tipo de xustificacións
cambiarón, e partires de aí podemos acometer obras con concesións
tan pequenas o ter que xustificar soamente o dobre do concedido.
ORGANISMO QUE A CONCEDEU: Deputación de A Coruña.
DATA:
14 de Febreiro de 1995.
SUBVENCIÓN: “Acondicionamento do Camiño do lugar de
Abaixo”
CANTIDADE SOLICITADA: 1.215.000 pts.
DESCRIPCIÓN: Tratabamos con esta obra de arranxar o camiño
do lugar de Abaixo, dende o camiño de Salgueiros, asfaltando ata
o camiño que vai ó Campo, e ademais acondicionar a ponte
da Cancela da Agra. Nesas datas esta zona atopábase en penosas
condicións.
FOI DENEGADA.
DATA: 14 de Abril de 1995.
SUBVENCIÓN: “Creación dunha zona verde nas inmediacións
da praia de Bornalle”.
CANTIDADE SOLICITADA: 622.941 pts.
DESCRIPCIÓN: Esta subvención trátase da mesma que
foi solicitada no ano 94, á Consellería de Xusticia, e que
foi denegada.
ORGANISMO ONDE FOI SOLICITADA: Padroado Rural. Consellería da Presidencia.
DATA:
20 de Febreiro de 1995.
SUBVENCIÓN: “Campionato de Futbol-Sa”.
CANTIDADE SOLICITADA: 125.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
FOI DENEGADA.
DATA:
18 de Febreiro de 1995.
SUBVENCIÓN: “Curso de gaita”
CANTIDADE SOLICITADA: 320.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
FOI DENEGADA.
OUTRAS
ACTUACIONS
ORGANIZACIÓN
E VISITA A SEMÁN VERDE DE SILLEDA 95
DESCRIPCIÓN: Por primeira vez nesta Parroquia tratábase
de realizar unha excursión, sen que esta fora organizada polo “clero”.
Así que decidimos organiza-la viaxe á feira máis
importante de Galicia e case tamén de España, ademais de
ser un tema de interese, creemos para os nosos veciños. Asistiron
a excursión 53 veciños.
CHARLA
FORESTAL.
DESCRIPCIÓN: Na escola da Robaleira un enxeñeiro forestal,
falou sobre incendios forestais, factores que os provocan, técnicas
de loita, selvicultura, etc.
CONSTRUCCIÓN
DE 3 KILÓMETROS DE PISTAS FORESTAIS.
DESCRIPCIÓN: Postos en contacto co Servicio de Loita Contra os
Incendios Forestais,
conseguimos que estes fixeran duas pistas, unha no camiño de Sipido,
no Monte de Abelleira, e outra no camiño de Laxas no monte de Bornalle.
A inversión rondou os 2,5 millóns de pesetas, e a Asociación
dispuxo os tractores para transporte do material de recheo que supuxeron
un gasto de 55.000 pesetas. Dos resultados da obra mellor non decir nada.
Aínda que se poderia destacar a boa disposición dos veciños
para amplia-los camiños.
DESBROCE
DE CAMIÑOS.
DESCRIPCIÓN: O Servicio de Loita contra Incendios, a petición
da Asociación desbrozou varios camiños, algúns deles
intransitables dende facía décadas, mesmo en algúns
tiñan eucaliptos de máis de 20 centímetros de diámetro.
A inversión rondou as 500.000 pesetas, A Asociación non
gastou nada. Destacamo-la laboura dos veciños de Abelleira de Arriba
e Priegue, que foron varios dias de forma desinteresada a axudar o desbroce,
cortando eucaliptos.
OBRA
NA SAIDA DA CARRETERA DA IGLESIA.
DESCRIPCIÓN: Por iniciativa de Manuel Lestón “Carballeira”,
que cedeu unha parte da súa finca, esta Asociación repúxolle
o muro de cerre de dita finca, para o cal invertimos 21.000 pesetas. Conseguindo
con esta obra, o acceso de autobuses ou camións ata a Iglesia,
ata ese momento imposible.
-Con
data de 17 de maio, solicitamos diante da empresa eléctrica Xallas,
o acondicionamento da liña eléctrica no lugar de Sorribos,
cousa que se acometeu ós poucos dias.
-Tamén
solicitamos ante o concello de Muros, a limpeza do Río da Rateira,
así como a reposición dun contenedor, na Pontenova.
ANO
1996
SUBVENCIONS CONCEDIDAS.
DATA:
23 de Marzo de 1996.
SUBVENCIÓN: “XV Carreira de Carrilanas”.
CANTIDADE SOLICITADA: 600.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 100.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
DATA:
23 de Marzo de 1996.
SUBVENCIÓN: “Campeonato de Futbol-Sa”.
CANTIDADE SOLICITADA: 325.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 50.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
DATA:
25 de Marzo de 1996.
SUBVENCIÓN: “Acondicionamento da pistas deportivas de Ventín”.
DESCRIPCIÓN: Tratamos con esta subvención de mellorar os
accesos a praia e delimitar as zonas de xogo, así como dun tratamento
superficial as pistas. Para esto, solicitamos 741.356 pesetas, aínda
que só nos concederon 100.000 pesetas. Visto que con esa cantidade
non podiamos prácticamente empezar, decidimos emplea-la en acondicionar
o baixo do palco da festa, co fin de facilitar a labor das Comisións
de Festas e incluso poder usar este recinto nun futuro como vestuario
de actividades deportivas.
CANTIDADE SOLICITADA: 741.356 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 100.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
SUBVENCIONS NON CONCEDIDAS
En
1996 tamén solicitamos aínda que non nos foron concedidas
as seguintes subvencións:
DATA:
24 de Xuño de 1996.
SUBVENCIÓN: “Pista Forestal na Rateira”.
DESCRIPCIÓN: Pretendiamos contruir unha pista no camiño
que sae da Rateira, e que vai ata o campo da Ermita, dunha lonxitude de
1.600 metros aproximadamente.
CANTIDADE SOLICITADA: 960.480 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Consellería de Agricultura.
FOI DENEGADA.
DATA: 25 de febreiro de 1996.
SUBVENCIÓN: “ Curso de Gaita”.
CANTIDADE SOLICITADA: 320.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
FOI DENEGADA.
OUTRAS ACTUACIONS.
PLAN
URBANÍSTICO:
Neste ano o Concello sacou un anteproxecto de Plan Urbanístico
que considerabamos perxudicial para os intereses da parroquia. Polo que
contratamos os sevicios dun arquitecto, para que nos asesorara, asimesmo
fixemos unha charla para tódolos veciños para que se informaran
e expuserán as suas opinións. A continuación, e coa
colaboración do arquitecto fixemos unha serie de alegacións
a ese anteproxecto, que firmaron a totalidade dos veciños. Como
resultado, no ano 1997 comunicousenos dende o Concello que aceptaban as
nosas alegacións, dende esa, non volvemos a ter noticias do Plan
Urbanístico.
Neste ano puxémonos en contacto co Servicio Contra Incendios, e
ocupouse este Servicio do mantemento das pistas construidas o ano anterior,
facendo saídas para a agua, e na pista de Sipido usaron unha motoniveladora
para achandar a pista.
ANO 1997
SUBVENCIONS CONCEDIDAS.
DATA: 22 de Octubre de 1996.
SUBVENCIÓN: “Pavimentación e recollida de aguas no
camiño de Salgueiros”.
DESCRIPCIÓN: Esta obra aínda que realizada no ano 1997,
foi solicitada en 1996.
Pretendiamos canalizar con tubo de formigón, o rego de agua, co
fin de poder ampliar a carretera como asi se fixo, ademais de darlle un
riego de asfalto, para retrasar no mais posible o seu deterioro. Para
esto solicitamos un axuda de 412.562 pts. pero so nos concederon 200.000
pts. polo que tuvo que aportar a Asociación 100.000 pesetas. Teño
que sinalar a colaboración de veciños de Priegue e do Lugar
de Abaixo, que de forma desinteresada axudaron á limpeza das cunetas.
CANTIDADE SOLICITADA: 825.125 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 200.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
DATA:
13 de Agosto de 1997.
SUBVENCIÓN: “XVI Carreira de Carrilanas”.
CANTIDADE SOLICITADA: 500.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 100.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
DATA:
13 de Agosto de 1997.
SUBVENCIÓN: “Campeonato de Futbol-Sa 98”.
CANTIDADEA SOLICITADA: 325.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 50.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
SUBVENCIONS NON CONCEDIDAS.
Solicitamos,
aínda que nos foi denegada a seguinte subvención:
DATA:
14 de Abril de 1997.
SUBVENCIÓN: “Arranxo dos aparcamentos da Igrexa”
DESCRIPCIÓN: Esta subvención, é a mesma que volvemos
a solicitar a Diputación, con data de 13 de Agosto.
CANTIDADE SOLICITADA: 1.062.600 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Padroado Rural. Consellería da Presidencia.
OUTRAS ACTUACIONS.
Organizamos
ademais as seguintes viaxes:
-
VIAXE A SEMANA VERDE DE SILLEDA 1997.
-
EXCURSIÓN DE RAPACES O CEBREIRO.
Para esta excursión dispoñiamos dunha subvención
de 50.000 pts, que por certos problemas que todos sabemos nos retiraron,
o que supuso unha pérdida para a Asociación de 30.000 pesetas.
-
ORGANIZACIÓN DUNHA VISITA Á FEIRA MUNDIAL DE PESCA EN VIGO.
Considerada a mellor feira do sector, e sen un calendario predeterminado,
pero que aproximadamente visita España cada 10 anos aproximadamente,
non despertou nos nosos veciños o interese necesario para acudir,
xa que só nos comunicaron a intención de acudir 5 persoas.
Neste caso quero recordar os días previos a excursión do
Cebreiro que algúns con ganas de incordiar, víanse totalmente
discriminados e mesmo parecian que nunca poderían ir de excursión,
que ós poucos meses e con tódalas posibilidades de ir, de
repente pásanlle as gañas de ir.
Ademais realizamos os seguintes cometidos:
-
DESBROCE DE CAMIÑOS NOS MONTES DA RATEIRA, SIEIRAS E BORNALLE.
Desbrozamos en 1997 unha serie de camiños os cales non poideramos
limpar en 1995, concentramos a maioría dos nosos esforzos nos camiños
da Rateira-Pando, impracticables e con xestas de máis de 10 centímetros
de diámetro, ademáis abrímo-lo camiño da Rateira
a Bornalle cerrado pola maleza dende fai anos, e repasamos varios xa desbrozados
no 1995 nos montes de Bornalle e Sieiras. Con estes desbroces consideramos
limpios e abertos os camiños principais, e a partir de agora, a
nosa intención o mantemento anual coa desbrozadora que dispón
a Asociación.
Este desbroce supuxo para a Asociación o gasto de 119.000 pesetas.
Contamos ademais da colaboración do Servicio Contra Incendios,
que dispuxo de ata 3 cuadrillas para cumplimentar o traballo da desbrozadora,
para que os resultados foran mellores.
-
ACONDICIONAMENTO DO ACCESO O CAMIÑO DE LAXAS.
En
1995 cando se abreu a pista no camiño de Laxas, quedaranos darlle
un acceso que reunira unhas condicións mínimas a ese monte,
as alternativas eran mais ben escasas, pero os traballos realizados para
a traída de agua abrironnos unha pequena vía, que consideramos
que debíamos aproveitar, para darlle unha saída máis
ou menos aceptable a todo un monte como pode ser o de Bornalle, cousa
que conseguimos cunha inversión de 55.000 pesetas que dispuxo esta
Asociación.
- DENUNCIA DAS ACTUACIÓNS REALIZADAS NO CAMPO DE VENTIN.
A Directiva desta Asociación, pareceulle un disparate o acometido
en Ventín polas seguintes causas: falta dun mínimo proxecto
que lle dera continuidade o alí realizado, falta de todo sentido
de urbanización, é dicir, delimitación das zonas
de aparcamentos, de zonas de bancos, de accesos ás praias, de consolidación
das zonas verdes con bordillos, etc. Ademais, como logo se veria nos resultados,
o mínimo acerto en escoller a data da plantación, polas
seguintes causas: primeiro, era pleno verán e supoñia moitos
atrancos a todos aqueles que quixeran disfrutar da praia, segundo, chegou
unha semán de calor para secar a totalidade da plantación,
case o podiamos denominar delito ecolóxico. Comunicamoslle a tódolos
asociados o noso parecer nunha Asamblea Extraordinaria, e a continuación
mantivemos unha entrevista co Alcalde, que supuxo alomenos o asfaltado
dun tramo, que se pudo utilizar como aparcamento.
-
INICIACIÓN DOS TRÁMITES PARA A SOLICITUDE DO MONTE PÚBLICO,
EN MONTE EN MANCOMÚN.
Esta parroquia dispón segundo a Consellería de Agricultura
de 210 hectáreas de monte público. A nosa intención
é solicitalo en monte en mancomún, para que sexa a parroquia
de Abelleira a que dispoña del, como veñen facendo a totalidade
dos nosos veciños: Louro, Serres, Rimao, Paxareiras, Figueiroa,
Torea, Lestón de Arriba e Lestón de Abaixo. Os trámites
son lentos, e ademais atopámonos con problemas que veñen
de vello, pero trataremos de levar esto adiante, sin que supoña
ningún prexuicio para os nosos veciños.
-
ELABORACIÓN DUN ANTEPROXECTO PARA A REALIZACION DE PISTAS FORESTAIS
NA PARROQUIA.
Este anteproxecto xa foi entregado ó delegado de Agricultura, o
cal nos dou esperanzas de realizar algo parecido o que van a realizar
en Esteiro por valor de 66 millóns de pesetas. Para a nosa parroquia
sería a obra de infraesctutura máis importante realizada
nunca, xa que serían aproximadamente uns 20 kilómetros de
pistas, con todo o que supón de revalorización de fincas
e madeira. De ser positiva a súa resolución necesitaríamos
que tódolos veciños realizaran un esforzo para non poñer
impedimentos a hora de realiza-la.
ANO 1998
SUBVENCIONS CONCEDIDAS.
DATA:
13 de Agosto de 1997.
SUBVENCIÓN: “Aparcamentos da Iglesia”.
DESCRIPCIÓN: Pretendemos con esta subvención, lousar con
pavimento rústico (“pedra de Santiago”) os 253 metros
cuadrados, que supoñen os actuais aparcamentos e a entrada de Priegue
no recinto eclesiástico, para esto solicitamos unha subvención
de 531.300 pesetas..
CANTIDADEA SOLICITADA: 1.062.000 pts.
CANTIDADE CONCEDIDA: 106.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
SUBVENCIONS
NON CONCEDIDAS.
XVI CARREIRA DE CARRILANAS.
CANTIDADE SOLICITADA: 250.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
CAMPIONATO
DE FUTBOL-SA.
CANTIDADE SOLICITADA: 175.000 pts.
ORGANISMO ONDE SE SOLICITOU: Deputación de A Coruña.
INDA
NOS FALTAN OS ÚLTIMOS ANOS, SEGUIMOS TRABALLANDO. |