| Servizos | ||||||
A
parroquia de San Estebo de Abelleira, pertencente
ó concello de Muros atópase situada na ría do mesmo
nome. Está aproximadamente a 60 kms. de Santiago de Compostela,
a 30 kms. de Noia e a 105 kms. da Coruña. Xeográficamente
atópase nun val que forma o río da Rateira, o cal atravesa
a aldea dividindoa en dúas partes aproximadamente iguais. Está
composta polos seguintes lugares: Abelleira de Arriba, Bornalle, Lestón
de Abaixo, Rateira, Pazo, Cruceiro, Sorribos, Burreiros, Priegue, Vilar,
a Robaleira. As súas praias: Mondelo, Mureira, Liñares,
Ventín, Area Trija fan as delicias dos turistas no verán. |
||||||
![]() |
||||||
©
A.VV. "A Ostreira", Abelleira 2005 |
||||||