*Novo Boletín "A Orola". No mes de Decembro publícase o primeiro boletín informativo da Ostreira e da Pontevella. Con esta nova iniciativa agardamos ter ós socios mellor informados. Agardamos estar tódolos meses con todos vos.

     

*A Pontevella. A Deputación Provincial concedeunos unha subvención duns 5.500 euros para a rehabilitación da Pontevella e o camiño vello do Cruceiro.

     

*A corporación muradana decideu incluir nos programas medioambientais da Fundación Arao o plan de limpeza do estuario do río da Rateira. A obra supón unha inversión de 60.000 euros, e un prazo de execución de catro meses.

*Partido da Selección Galega contra Uruguai. Estáse a organizar unha viaxe ó partido de debut da Selección Galega, que se celebrará en Santiago o día 29 de Decembro, ás 20:30 horas en San Lázaro. A xente que se queira anotar están as listas nos bares e tendas habituais.
 
© A.VV. "A Ostreira" Abelleira 2005